luns, 18 de marzo de 2024

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_4)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos a última entrega de...

Por aquí vos deixamos os últimos tres programas...
9º PROGRAMA
10º PROGRAMA
11º PROGRAMA
Gracias a todas e todos por participar e por facer desta actividade unha das máis demandadas de todo o curso escolar...
Desexando que chegue xa unha nova edición...
Despedímonos dende...
Ata outra!

RADIO NA BIBLIO: 5º DE PRIMARIA

Un ano máis o alumnado do cole de Seixo participou no programa de Bibliotecas: 
"RADIO NA BIBLIO"
Un taller que se levou a cabo co alumnado de 5º de primaria...
e que impartiu Susana Bastón...
xornalista e profesora da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra...
A formación tivo dúas xornadas. Unha primeira na que se traballaron aspectos clave para a redacción dunha noticia, a locución, os elementos da linguaxe radiofónica, a montaxe... 
E unha segunda na que visitaron RADIO PONTEVEDRA...
para ver en directo unha radio das de verdade...
e gravar nela os seguintes traballos que por aquí vos deixamos...

A verdade e que o alumnado desfrutou un montón...
Non volos perdades!


Visita de Mr. Beam ao cole

No mes de febreiro tivemos no cole a visita de Mr. Beam, o cortador láser que nos enviou o Centro de Formación de mestres de Pontevedra.

Despois dunha sesión de docencia cos mestres empezamos a experimentar os pequenos e pequenas do cole. Gustounos moito!!!

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades algúns dos nosos traballos.

Esperamos que volva pronto para poder seguir experimentando!

venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024: SEIXO CHEO DE VIDA

O entroido chegou a Seixo e o alumnado encargouse de enchelo a tope de vida, coa fauna e flora máis fermosa nunca vista. Mirade que fermosura de disfraces: canto traballo!!

Para lucir os disfraces como merecían, fixemos unha actuación moi especial na que toda a fauna e flora de Seixo se uniu contando unha fermosa historia narrada por Noa, que o fixo fenomenal!!

E por suposto toda a fauna e flora saíu a pasear polos arredores do cole. Acompañáronnos as familias, moitas tamén traballaron duro facendo os seus disfraces, graciñas!!

Por suposto non faltou unha boa papatoria na que chupamos os dedos coas cousas tan ricas que nos mandaron as familias. Graciñas, un ano máis, ás nais da ANPA Abelendos que viñeron a axudar coa merenda e invitaron a todo o alumnado a uns refrescos. 

SIGAMOS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!

xoves, 22 de febreiro de 2024

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_1)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
O programa da música dedicada!
Deixámosvos por aquí as dúas primeiras entregas desta 5ª edición...
1º PROGRAMA
2º PROGRAMA
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!