xoves, 14 de maio de 2015

PRESUME DE GALEGO

Con motivo do Día das Letras, dende a CGENDL (cordinadora galega dos equipos de normalización) fannos unha proposta: difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio.
Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade.


O vídeo pode ser compartido nas redes e enviado por medio do correo electrónico, así como ser descargado para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina:

Contamos con vós para que esta mensaxe non se destrúa automaticamente en cinco segundos.
Contamos con vós para instalar no Sistema un virus positivo, coa lingua na boca e un sorriso nos beizos.
Contamos con vós para que a nosa mensaxe salte por todos os medios a todos os medios.
Contamos con vós porque o 17 de maio non é a meta, senón a liña de saída.
Moito ánimo e grazas unha vez máis por colaborar nesta iniciativa de orgullo colectivo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario