venres, 3 de xuño de 2016

CORRELINGUA 2016: O GALEGO ESTÁ EN NÓS

Por fin o tempo deixounos celebrar o correlingua e festexar o noso orgullo polo galego: a lingua que nos fai únicos.


Todo o cole viaxamos a Cangas para xuntarnos con moitos coles do Morrazo.


Aquí deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. A música de fondo é de A Gramola Gominola, o grupo que nos fixo bailar.



Mirade que marchosos son os máis peques do cole!!



Despois de moito ensaiar, hai que ver que ben recitan os de 5 anos O CUCO de Manuel María xunto cos demais nenos do Morrazo.



Grazas a tantos compañeiros e compañeiras que traballaron incontables horas extras para que todo saíse de marabilla. 



NON OLVIDES QUE O GALEGO ESTÁ EN NÓS!! 
BUSCA O GALEGO QUE LEVAS DENTRO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario