luns, 27 de xuño de 2016

O NOSO CONTORNO: O RÍO LOIRA (5º PRIMARIA)

A clase de quinto estivo investigando e recompilando información sobre o río Loira. 


Fixeron unha procura de datos sobre a súa fauna e flora así como das construcións típicas arredor del: os muíños.


Toda esa información ordenárona e prepararon uns xogos para expoñer aos nenos de segundo, nunha sesión e aos papás e mamás, noutra.


O xogo consistiu nun visionado de dous breves vídeos nos que lles contaban a información acadada sobre o río Loira


e, tras el, unha especie de trivial con preguntas sobre o exposto.



O xogo o guiaron os nenos de quinto e adaptaron preguntas máis sinxelas para os alumnos de segundo e outras máis complicadas para os papás. 




Os dous grupos foron moi participativos polo que obtiveron un diploma de recoñecemento ao equipo gañador. 




Foron dúas sesións interesantes nas que uns e outros compartiron risas, entretemento e adquisición de coñecemento da nosa contorna.




Os nenos de 5º teñen unha mensaxe para os de 2º e os papás: "Grazas a todos por participar e compartir."




Mirade que atentos e interesados estiveron as familias!



No blog da profe Nati podedes ver algunha foto máis, premede na imaxe para acceder. 



Noraboa a todos os nenos e nenas de 5º por esta investigación tan chula que comezaron con Goyo (canto te botamos de menos!!) e que foron uns suertudos porque chegou a profe Vero, que rematou con eles este proxecto desta forma tan xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario