xoves, 3 de novembro de 2016

A FILLA DO GRÚFALO POLO ALUMNADO DE 6º

Seguindo coas celebracións do día da biblioteca, o alumnado de 6º, dirixidos polo profe Goyo, quixeron compartir a súa arte teatral con todo o cole agasallándonos cunha obra de teatro e uns recitados.



Lembrades o conto que compartiron o ano pasado? Premede na imaxe para refrescar a memoria!


Este ano quixeron compartir con todos nos a segunda parte: "A filla do grúfalo", ademais dunhas poesias, moitas delas relacionadas co Samaín: que ben recitaron! Pronto poderedes oílos na radio.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes de recordo do moito que todo o alumnado do cole, repartido en dúas quendas, desfrutou co traballo dos nenos e nenas de 6º.



Grazas a todos polo voso esforzo e adicación... sodes uns artistas!
Nesta foto, algúns dos peques de infantil son os representantes do clube de fans jejeje

Ningún comentario:

Publicar un comentario