mércores, 14 de febreiro de 2018

RADIOS ESCOLARES NO DÍA DA RADIO

Como xa vos contamos, o 13 de febreiro celebrouse o DÍA DA RADIO e grazas á REDE ESPORA, dende a nosa radio: A voz de Arnaldo, participamos nun proxecto con difusión mundial que conecta Biblioteca, Radio, Igualdade da Muller e Deportes nun só programa.


Se queredes ver o evento xeral do que se fixo eco a UNESCO premede na seguinte imaxe:


Tamén na web de ESPORA podedes ler máis sobre este fantástico proxecto conxunto de diferentes radios escolares. Premede na imaxe para acceder ao enlace. 


Aquí vos deixamos o podcast cos fantástica gravación que fixeron diferentes locutoras en representación das súas radios para dar voz a tantas mulleres marabillosas que triunfaron no mundo do deporte, pero que pouca xente coñece. Dende a Voz de Arnaldo: Nuria como Lisa Leslie. 

martes, 13 de febreiro de 2018

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o día mundial da radio, e dende A voz de Arnaldo, a radio do noso cole, non podíamos deixar pasar un día tan especial. 




Dende a Rede Espora, ademais de recibir moito apoio e recursos para a radio, recibimos a proposta de participar nunha gravación conxunta con outros coles galegos.



Este ano a temática son as mulleres deportistas, e aos compis de Rede Espora ocorréuselles a xenial idea de darlles visibilidade a algunhas delas a través da personificación en alumnas dos centros. 



Así que no cole de Seixo todas as nenas de 5º e 6º gravaron un pequeno texto e unha destas gravacións formará parte dunha montaxe con máis gravacións de centros escolares de Galicia, a cal será colgada na canle do Día Mundial da Radio.



Estade atentos porque compartiremos esa montaxe e descubriremos quen foi a alumna representante da nosa radio: A Voz de Arnaldo

domingo, 21 de xaneiro de 2018

CALENDARIO 2018

A semana pasada, as familias do alumnado de primaria, recibistes en casa o calendario máis bonito do mundo mundial (os de infantil traballarano na aula). 
Dicímolo con orgullo e satisfacción vendo o bonito que quedou e o ben que resume o proxecto deste ano do cole: EXPLORANDO NA CASA DE ARNALDO. 
Arnaldo vive na biblioteca, e durante este curso queremos que todo o alumnado e as familias coñezades os recursos que a biblio ofrece para o traballo diario na aula, e que tamén tendes á vosa disposición.


Os 12 meses reflexan recursos e ferramentas que Arnaldo pon á nosa disposición e que nos axudan a facer do proceso de ensinanza aprendizaxe algo máis proveitoso e divertido.
Non deixedes de visitarnos os martes e xoves pola tarde (de 16:30 a 18:30) e preguntarnos todas as dúbidas e curiosidades que teñades. 
A biblioteca é de todos e para todos, e encantaranos que veñades a facer préstamo de libros (incluida a biblioteca de adultos), xogar en familia cos xogos de mesa, etc...

PREPARANDO O ENTROIDO


Arnaldo irá gardando ideas na súa conta de Pinterest, se queredes botarlle unha ollada premede AQUI 

sábado, 13 de xaneiro de 2018

RADIOTEATRO DE NADAL

Os nenos e nenas de 5º despediron o ano adicando tempo de ensaios e preparativos para facernos a todos un agasallo moi especial: dúas obras de radioteatro que desexamos vos gusten. 
Poñédevos cómodos e a desfrutar!


 


Na columna da dereita do blog tendes enlaces a iVOOX e a SOUNDCLOUD para escoitar todas as grvacións que levamos feitas na radio: unha delicia para os oídos!!!