luns, 22 de decembro de 2014

ESTE NADAL REGALA CULTURA EN GALEGO

A cordinadora de equipos de dinamización da lingua galega do Morrazo elabora cada ano unhas guías de lectura para recomendar alguns materiais (libros, peliculas, cds...) en galego, e que todas as familias poidan ter estupendas ideas para regalar cultura galega nestas datas.

Os Equipos de Normalización e Dinamización súmanse ás iniciativas emprendidas desde os centros escolares para mellorar o hábito lector e traballar a prol da animación á lectura en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos obxectivos que caracterizan o noso traballo común.

Están adaptadas ás diferentes idades, desexamos que vos resulten útiles, engadimos tamén as de secundaria:





Todo o alumnado do cole levou unha guía para casa... alguen sería tan afortunado de recibir algún destes tesouros? á volta de vacacións saberémolo!

mércores, 3 de decembro de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 de decembro)

Os peques do cole queren compartir dous contos con todos nos. Son uns contos moi especiais que chegaron a eles o día das persoas con discapacidade... ¿queredes velos? 
Pinchade nas imaxes e iredes directos ao seu blog onde nos falan destes dous contos: "El cazo de Lorenzo", "Por cuatro esquinitas de nada"

luns, 1 de decembro de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Seguro que todos coñecedes este divertido conto.... se non o coñecedes correde á biblio a buscalo!!

Premede na imaxe para ver todas as suxerencias que os peques nos fan e o ben que o pasaron con este conto.


 

venres, 28 de novembro de 2014

OS PEQUES DO COLE NO DÍA DAS BIBLIOTECAS 2014

O venres 24, celebramos no cole o día das bibliotecas e fixemos actividades especiais con todo o alumnado do cole.
Xa que este ano o tema central do cole é o mar, centramos as actividades en torno a este tema.

Os peques do cole cóntannos no seu blog, o ben que o pasaron ese día, premede na imaxe e iredes directos a ver o que nos contan sobre O DÍA DAS BIBLIOTECAS 2014


CONTO POLO SAMAÍN

Queredes escoitar un conto xenial dunha cabaza? premede na imaxe e disfrutade del. Logo seguro que queredes pasar pola biblio para lelo!


E tamén temos unha canción para bailala!

xoves, 27 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Moitas mulleres sufren malos tratos, dende a biblioteca, queremos unirnos na loita contra a violencia de xénero.
Unha das mellores formas de evitala é unha educación en igualdade. A loita é de tod@s. Non cales!!!


E.INFANTIL E 1º CICLO E.PRIMARIA



2º CICLO E.PRIMARIA
                          

         

3º CICLO E.PRIMARIA
                        

martes, 28 de outubro de 2014

MATERIAIS PARA TRABALLAR O SAMAÍN

Dende a páxina: RECURSOS PARA O SAMAÍN e grazas á súa autora Mª Asunción García Álvarez podemos obter moito material para traballar cos nosos nenas e nenos nas casas esta tradición do SAMAÍN.


PICADE NAS DIFERENTES IMAXES E 
ACCEDEREDES AOS MATERIAIS





luns, 27 de outubro de 2014

XOGANDO NO SAMAÍN

PICADE nos diferentes enlaces e accederedes a varios xogos relacionados co SAMAÍN que este EDLG atopou viaxando pola rede:







sábado, 25 de outubro de 2014

CANTANDO NO SAMAÍN

Preparándonos para o Samaín con moita marcha. 


E tamén vos deixamos un enlace a unhas cancións moi marchosas que compartira a profe Nati na web do cole.

xoves, 23 de outubro de 2014

O COLE NAVEGANDO POLA REDE

Arnaldo está feliz porque non navega so pola rede... un montón de blogs están en marcha no cole!!!
Premede na cabeceira de cada un para velos.













martes, 21 de outubro de 2014

martes, 7 de outubro de 2014

REVISTA ESCOLAR 2013/14

Queremos compartir con todos vos a nosa revista do ano pasado. 
Pinchade na imaxe e poderedes vela.


Desexamos que vos guste.

martes, 30 de setembro de 2014

ANO DO MAR EN SEIXO

Se vos fixades nesta imaxe de google maps, abaixo, na esquina esquerda, está rodeado o noso cole.
Vendo a nosa situación.... non hai dubida de algo marabilloso que temos moi cerquiña nosa: O MAR


Por iso este ano eleximos O MAR como tema central do cole... polo importante que é para nos e as nosas familias.

Todas as clases do cole investigaremos sobre diferentes temas relacionados co mar, e faremos moitas actividades conxuntas entorno a este tema.

Seguide a nosa pista: iremos contando as aventuras que viviremos no mar de Seixo e os descubrimentos que faremos coas nosas investigacións. 

mércores, 24 de setembro de 2014

BIBLIOTECA NOVA!

Queredes ver como foi todo o proceso ata chegar á Biblioteca que temos hoxe en día no cole?
Mirade o vídeo...canto traballo e cantos cambios!!


martes, 23 de setembro de 2014

ILUSIONADOS COS CAMBIOS NA BIBLIO

Recordades como era a nosa biblioteca?


Despois de moito traballo, horas de adicación e esforzo ilusionado... a nosa biblio está renovada: outra situación, mais luz, mais espazo... 


Aínda queda moito por facer pero seguimos con ganas e ilusión de mellorala para que os nenos e nenas devoren mais e mais libros cada día. 


xoves, 18 de setembro de 2014

ESTREAMOS NA REDE: "AS PEGADAS DE ARNALDO" . BENVIDOS

Ola a todos, son a mascota da biblio do cole de Seixo: Arnaldo León, o lagarto que mais le en todo o mundo!. 



Encántame vivir neste cole e compartir mil historias cos nenos. O que mais me gusta facer é pasear polos libros e vivir mil aventuras. 

"As pegadas de Arnaldo" é o nome da revista que cada ano facemos no cole, e agora gustaríanos contarvos cousas durante todo o ano, por iso, como son un lagarto moi curioso e activo, vin pasear pola rede.

Este blog, coordinado polo Equipo de Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quere ser unha xanela sempre aberta para que poidades ver os incribles traballos que fai o noso alumnado, compartir recursos educativos que atopamos pola rede e para ensinarvos materiais elaborados no cole, esperando que sexan útiles para todos. 

Estades todos convidados a visitarnos cando queirades. Espero que nos vexamos a miudo!!

Engánchate con nós á lectura e ao galego!