mércores, 1 de xullo de 2015

BARXILÓN NO MAR DO LATÓN

A última semana de xuño recibimos un regalo moi especial. Dende o IES As Barxas mandáronnos un precioso libro.
Barxilon é un conto dun peixe, por iso loce tanto na nosa exposición do PDI do mar.


O proxecto "Barxas emprende: creación dunha editorial", fainos ver a importancia do traballo en equipo e da lectura, sobre todo coa presentación do libro "Barxilón non mar do Latón".


Premede na imaxe se queredes saber mais desta editorial "especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos, realizados totalmente por alumnos. Libros entendidos como pequenas obras de arte, nos que primarán as ilustracións de gran calidade, o deseño e realización de actividades de animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías."


Os estudantes do IES As Barxas contaron coa colaboración dos centros educativos IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, IES Xulián Magariños, de Negreira, CEIP A Rúa, de Cangas e CEIP Espiñeira, de Aldán, neste fantástico proxecto presentado o 10 de este mes. Premede na imaxe para ir á web de Barxilón.


Os nosos alumnos non puideron ver o libro porque xa remataran as clases, pero Arnaldo, a nosa mascota, non quixo irse de vacacións sen facerse algunhas fotos con el.
  

Estamos desexando que chegue setembro e ensinarllo a todos os que visiten a biblioteca.


Parabén a todos os compañeiros por este fantástico conto e ánimo con este proxecto... estamos desexando ver máis libros!

Ningún comentario:

Publicar un comentario