sábado, 24 de outubro de 2015

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS


Aínda que hoxe é sábado e o cole está pechado, non queríamos deixar pasar o día sen recordar a celebración tan especial que temos hoxe. 
O 24 de outubro é o Día da Biblioteca. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil. 
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da biblioteca.

Sabedes por que se elixiu este día? como recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.
A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Nós tamén queremos que a nosa biblioteca sexa lugar de encontro e un instrumento que axude ao noso alumnado e ás súas familias.

FELIZ DÍAS DAS BIBLIOTECAS... 
esta será unha semana especial no cole!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario