sábado, 27 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO...EN SEIXO.

Conmemoramos o día de Rosalía de Castro nun momento que o tempo o permitiu! Tiñamos que saír do centro porque tiñamos que ir ata o buzón de correos!!
Seguindo a proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) os nenos e nenas elaboraron e enviaron a súa postal personalizada e coa seguinte estrofa de "Alborada", de Cantares gallegos
Canta paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite, 
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Pero ademais, acercamos a Rosalía aos veciños e veciñas de Seixo agasallándoos con marcapáxinas "Rosalianos" e pegatinas conmemorando este día.
Queredes ver algúns destes momentos?

E, para rematar, mirade cantas fotos hai detrás desta imaxe de Rosalía! Premede na foto e para que comece a presentación na icona play.

xoves, 25 de febreiro de 2016

PLAN MUSICAL PARA O SÁBADO: "TODO ME FALA DE TI"

A previsión meteorolóxica para este sábado é de frío e chuvia... queredes un bo plan a cuberto?

Na biblioteca de Marín, recomendamos un concerto de Magín e Uxía titulado: "Todo me fala de ti", con cancións de: "Canta o Cuco", un libro no que homenaxean ao autor das Letras Galegas 2016: Manuel María. 

Premede na imaxe se queredes mais información. 


Queredes ver unha mostra do que será o concerto? As ilustracións do libro e do vídeo son do xenial Leandro Lamas.

mércores, 24 de febreiro de 2016

ROSALÍA DE CASTRO...CANTADA.

Como ben sabedes, neste cole somos tamén de escoitar moita música e, nesta ocasión, presentámosvos dous artistas que cantan a Rosalía.
A primeira é a cantora e compositora galega-palestina Najla Shami. No 2013 publica o libro-disco Na lingua que eu falo (Galaxia) no que afonda na obra da escritora. 

O primeiro vídeo é Camiño branco e o segundo é unha revisión do clásico Negra Sombra, ambos pertencen á obra Follas Novas.





Por outra banda, o grupo Narf Trío presentou, tamén no ano 2013, o disco-libro Nas tardes escuras (El Patito Editorial).
O cantor e compositor Narf (Fran Pérez, Silleda) explora a poesía de Rosalía de Castro, a maioría de Follas Novas, cunha perspectiva totalmente renovadora.



So vos queda, escoitar e desfrutar!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemórase, un ano máis o Día de Rosalía de Castro, aniversario do nacemento da autora.
Dende o centro, propoñémosvos diferentes actividades lim coas que coñecer mellor á autora.











Recuperamos ademais unha entrada do blog do curso pasado, adicada ao libro Rosalía pequeniña, de Uxía que nos gusta moito!!

venres, 5 de febreiro de 2016

ENTERRO DA SARDIÑA

Como sabedes, este ano adicamos o Entroido ao "Enterro da sardiña". 
O proxecto do centro deste ano é "o noso contorno", e que mellor e máis representativo que o Enterro da Sardiña.

Tivemos o tempo da nosa parte e desfrutamos dun desfile polas rúas de Seixo, ao que non lle faltou de nada!!

 



martes, 2 de febreiro de 2016

MANDADIÑO DO ENTROIDO

Hoxe tivemos un gran estreo do mandadiño... PREMEDE AQUÍ E MIRADE QUE GUAPOS OS PEQUES!
Maña, ademais de traer algo na cabeza e no pescozo: sumamos unhas gafas e un mandil!!! Queremos ver que atrevidos e divertidos sodes!!


luns, 1 de febreiro de 2016