martes, 10 de maio de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Un ano mais, para conmemorar o día do libro, fixemos o apadriñamento lector, que non por facelo todos os anos deixa de ser especial para nós.


Primeiro, como estes nenos e nenas de 6º, o alumnado de 3º, 4º e 5º, pasou pola biblioteca para elexir un libro da selección feita polo profesorado da biblioteca. 


Os encargados de ler, levan o seu conto para poder practicalo e compartilo despois cos compañeiros que lles toque dos cursos mais pequenos. 


O bo tempo permitiunos ler ao aire libre, espallados por todo o patio, disfrutamos de moitos contos, e sen dúbida: a lectura compartida é marabillosa! 



E despois, entre todos, traballamos duro para encher o bosque do cole que estivemos preparando...



Estade atentos que pronto vos ensinaremos o precioso que quedou o noso bosque de primavera que enche abril de libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario