mércores, 18 de maio de 2016

ESTRENAMOS O NOSO KAMISHIBAI

Non podíamos elexir unhas datas mellores, que as letras galegas, para facernos con un kamishibai ao que lle tiñamos tantas ganas.



Seguro que moitos vos estades preguntando que será iso con nome tan raro! 
Kamishibai significa "Teatro de Papel" e é unha forma moi popular de contar contos en Xapón desde fai séculos. 
Está formado por un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e texto na outra. Pode ser sobre un conto ou algún contido de aprendizaxe.


Estamos encantados de ter un no cole, e estamos desexando traballar co alumnado e crear historias, compartir aprendizaxes...


Para o seu estreno, nada mellor que ter a Manuel María como protagonista, por medio destas fantásticas láminas que xenerosamente comparten desde o Bibliocastelo: os nenos e nenas de 3º e 4º, do cole A Pedra de Bueu, fixeron esta biografia para representar con kamishibai: moitas grazas por compartila!!


Xa vos ensinaremos canto disfrutamos con este novo teatro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario