martes, 31 de maio de 2016

OBRADOIRO LER E COMPARTIR

Dun mundo máxico veñen dúas mociñas: unha Purpurina, a outra Brillantina.
As Fedellas fanse chamar: coas súas aventuras o alumnado de 3º, 4º, 5ºe 6º pasárono xenial.

Cunha pequena, amena e divertida exposición explicáronlles aos nenos/as as principais diferenzas entre os tres xéneros literarios (narrativa, teatro e poesía) relacionándoo con Manuel María autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e que escribiu nos tres xéneros.



A continuación, fixeron unha chuvia de ideas cos nenos/as para ver que tipo de novelas coñecen e estableceron un diálogo con eles para saber cales son os gustos de cada un (novela policíaca, novela fantástica, novela de aventuras, novela histórica, novela biográfica...). Despois disto agruparon aos rapaces en función dos seus xéneros ou tipoloxías favoritas e a partir de aí fixeron un debate expoñendo ao resto dos grupos o “por que da miña elección”. Deste xeito, son os propios rapaces os que transmiten aos seus compañeiros os seus propios gustos literarios.

Fedellas 2016 by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario