martes, 28 de xuño de 2016

ANXO MOURE NA FESTA DO SABER

Unha das visitas que tivemos na festa do saber foi Anxo Moure... o carballo con botas! Se queredes coñecelo máis visitade a sua páxina de CONTOS SOLIDARIOS porque paga a pena descubrir máis sobre este marabilloso e entrañable contacontos amante da natureza.



Anxo chegou a Seixo no seu nubinete e cargado de contos para compartir cos peques e cos profes... contos que escapan do lixo no río, da contaminación das fervenzas, da seca das lagoas. Contos de xacias e homes-peixe, de lavandeiras e barbos, e troitas, e lampreas… 




E sabedes que nos ensinou Anxo a facer con eses contos? pois cociñalos, para que alimenten a nosa imaxinación e a través das nosas palabras poidan volver nadar nos ríos, nas lagoas e bañarse nas fervenzas.

  

Anxo estivo con todo o alumnado, dende os máis peques, e conseguiu encandilarnos a todos. 



A mellor proba son as nosas caras, as risas dos peques son a mostra do ben que o pasamos!!

 


Abrazamos as árbores e bailamos con elas. 




Pasamos momentos xeniais, e aquí tendes un montón de fotos para comprobalo...



Mil grazas a Anxo por vivir os contos de tal maneira que nos encandilou! Xa temos ganas de que volvas! Mirade este vídeo resumo e veredes que envexa!



Non podemos deixar de recomendarvos un plan perfecto para un día das vacacións de verán. Imaxinades desfrutar de divertidos contos enriba dunha árbore?, de ver os cachivaches máis curiosos que reparten contos por Galiza?... pois achegádevos á súa casa da árbore en Garabelos (Chantada) nun entorno natural precioso no que pasaredes un día xenial.



Poñédevos en contacto con Anxo polos contactos na web ou por medio do seu facebook: CONTOS SOLIDARIOS, e disfrutaredes da súa hospitalidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario