sábado, 29 de outubro de 2016

EXPOSICIÓN CABAZAS 2016

Un ano máis, coa chegada do Samaín, o cole púxose terrorifico para recibir as obras de arte chegadas dende as casas.


Veredes que non se lles pode chamar so cabazas, porque hai auténticas obras de arte. 







Foi terroríficamente divertido velas todas! Mirade algunha nenas da clase de 5 anos jejeje



Os máis peques do cole tamén quixeron achegarse a ver a gran exposición



...ata a profe Bea quedou coa boca aberta... pero non de medo: de ver as incríbles cabazas!



Non sabemos cal nos gustou máis así que o mellor é que as vexades con calma, unha a unha, porque ben o merecen!



Moitas gracias a todos, ter unha exposicón de 109 cabazas significa que temos as mellores familias do mundo mundial!

mércores, 26 de outubro de 2016

PACO NOGUEIRAS NA RADIO DE SEIXO

A radio é unha forma estupenda de achegarnos as diferentes visitas que recibimos e de coñecelos un pouco máis a fondo, asi que, aproveitando a vista de Paco Nogueiras ao cole (Podedes vela premendo AQUI), invitámolo ao noso estudio de radio para falar tranquilamente con el.



Aroa, de 6º de primaria foi unha das entrevistadoras...



...acompañada de Martín, de 5º de primaria.


Eles foron os portavoces da presentación e das preguntas de todo o alumnado de 5º e 6º que prepararon esta entrevista. 



Encantounos compartir micrófonos con Paco!!


Aquí vos deixamos a entrevista para que o poidades coñecer máis a fondo.



Colamos unha cámara oculta na radio para que vexades o ben que se desenvolveron os entrevistadores... e como descubrimos algo que nos tiña moi intrigados: Por que Paco sempre leva sombreiro azul?



Moitísimas grazas Paco por ser tan encantador e compartir este ratiño con todos nós!

BRINCANDO CON PACO NOGUEIRAS

Para celebrar o día das bibliotecas disfrutamos dunha xornada festiva con Paco Nogueiras, que antes de poñernos a brincar nos adicounos unha entrevista na radio do cole (podedes escoitala premendo AQUÍ)


Todos nos xuntamos na biblioteca, que cada día está máis chula!, para brincar con Paco Nogueiras.



Laura de 5º e Diego de 6º foron os encargados de presentar o concerto. 



Mirade que ben o fixeron!



Dende o primeiro minuto brincamos e pasámolo fenomenal!



Non hai máis que ver as nosas caras...





Paco compartiu con todo o cole as cancións do seu Brinca Vai, enlazadas con moi bo humor: rimos moito!



E ademáis de bailar e de rir tamén cantamos un montón!



Mirade canto bailamos coa canción do entroido... non queda dúbida: o entroido move o corpo!



Para a última canción Paco chamou un axudante para dirixir o corpo de baile, formado por todo o cole, e Iván de 5º foi o elexido, mirade que ben o fixo: parece un cantante profesional!



Vaia par de artistas!

Aquí tendes máis fotos par que vexades o ben que o pasamos!



Antes de marchar Paco firmou algún autógrafo aos seus fans de Seixo ;)



E deixou a súa pegada no libro de visitas da biblio.

Tamén foi un pracer para o alumnado e o profesorado do cole brincar con Paco: ata pronto!

VÍDEOS TERRORÍFICOS

Se premedes na imaxe iredes directos a unha estupenda selección de vídeos terroríficos que fixeron no CEIP Manuel Sueiro de Ourense. 


martes, 25 de outubro de 2016

RECOMPILACIÓN DE XOGOS DE OUTONO E SAMAÍN

Se premedes na imaxe, accederedes a un SYMBALOO (unha recompilación) de xogos relacionado co Outono e Samaín. Gracias a Nerea Rodriguez, a súa creadora.
  

MEDO ME DÁ!

Queremos compartir con todos unha das cancións máis terrorificamente divertidas que cantamos polo cole. "Medo me dá" está incluída no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça.

PREPARANDO SAMAÍN COAS FAMILIAS


Todas as familias recibistes esta carta e aproveitamos o blog para explicar un pouco máis a axuda que precisamos de todos vos:

* CABAZAS DECORADAS. 
Un ano máis animámosvos a decorar unha cabaza cos vosos fillos e fillas, desfrutando de facelo xuntos. Poderedes visitalas o venres 28 a entrada ou á saída (abriremos un pouquiño antes para velas). Podedes traelas o mércores 26 ou o xoves 27. 

*“I CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO”. 
É unha actividade voluntaria na que queremos animar a todo o alumnado a soltar a súa imaxinación e escribir pequenos relatos de medo, que poden resultar terroríficos ou moi divertidos! 
Temos unhas plantillas nas que deben facer o relato ilustrado. Os titores repartiran as plantillas.
O último día para entregalos será o venres 28.


* “POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN”.: 
Animamos a todas os membros das familias a contar un conto “de medo” na clase do voso fill@. Como vedes temos unha exposición con moitos contos que podedes coller prestados e utilizar para contar no cole, pero se tendes na casa algun pois perfecto.
Se vos animades concretade día e hora cos titores.

* HORA DE LER A ESCURAS: 
O venres 28 todos os nenos e nenas deben traer unha lanterna porque faremos a hora de ler as escuras para que sexa terrorificamente divertida!

Non dubidedes en preguntar o que sexa... contamos con vos!

luns, 24 de outubro de 2016

A BRINCAR POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o día das bibliotecas AQUÍ podedes ver como o festexamos este ano. 
Pero mañá seguimos de festa arredor dos libros, e como somos moi marchosos, queremos facelo cantando e bailando... por iso a visita de Paco Nogueiras nos fai tanta ilusión esta semana!



Virá para compartir con todo o cole as cancións do seu disco BRINCA VAI... e sen dúbida brincaremos moito con él!


Xa vos contaremos máis cousas de Paco e da súa visita, mentres, para quentar motores, nada mellor que mover o esquelete coa súa canción de samaín que está semana nos ven ao pelo! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS: LECTURAS RUMBO ÁS CASAS!

Hoxe 24 de outubro, foi un día especial, celebrouse, como cada ano, o día internacional das bibliotecas. 



E para celebralo, Arnaldo, a nosa mascota, convidounos a todos a xuntarnos na biblioteca para compartir unha especial hora de ler. 



E como agasallo tiña para cada aula unha mochila viaxeira. 



As mochilas comezarán a viaxar polas casas do alumnado para levar os libros máis alá das paredes da biblioteca.


Un representante de cada clase foi recollendo a mochila para a súa aula. 



Dende os máis maiores ata os máis peques. 



As 9 clases do cole terán mochilas funcionando este curso, para que todas as familias poidades desfrutar xuntas da lectura. As de infantil e de 1º (neste trimestre) con diferente funcionamento adaptado a súa idade. 



BRAVO POLAS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Esperamos que pasedes moi bos momentos ao redor dos libros (dos que van na mochila e de moitos máis!!)



Cada mochila de primaria, ademais de contos, poesía, música... leva un caderno viaxeiro que é moi especial. 



Non deixedes de ler a nota tan importante que Arnaldo vos manda dentro dos cadernos,



Isto é o que nos di Arnaldo... así xa podedes ir pensando ideas mentres non vos chega a mochila ;)




luns, 10 de outubro de 2016

I OLIMPÍADA DE INVESTIGADORES: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe inauguramos oficialmente a biblioteca con todo o alumnado e profesorado do cole... e na biblio había un montón de agasallos!


Aproveitamos a inauguración para entregar os premios da I OLIMPIADA DE INVESTIGACIÓN que se levou a cabo durante as tardes do curso pasado. 


Todos nos xuntamos para ver como a biblioteca non deixa de cambiar e mellorar cada día.


E puidemos compartir a alegría dos compañeiros e compañeiras que participaron na olimpíada. 


Repartíronse uns agasallos a todos os participantes. 


Algúns comezaron a olimpíada e fixeron o seu carné de investigadores, noraboa a todos e todo o ánimo do mundo!


En 4º e 5º lugar quedaron 4 grandes investigadoras! 


No 2º e 3º posto do taboleiro acabaron estes 5 súper investigadores!


Todos estabamos collendo forzas para dar un gran aplauso ao investigador que chegou máis lonxe no taboleiro da olimpíada. 


Noraboa a Mateo por ser un gran investigador!!


Moitos cadernos de Arnaldo andan polo cole para poder seguir investigando. 


Estade atentos, porque pronto comezarán actividades especiais para as tardes da biblioteca, lembrade: martes e xoves de 16:30 a 18:30.